23 octubre 2011
Aventuras de papel
Hoxe foi un día moi especial, porque fixemos máxia. A profe Ester trouxo un papel máxico no que podemos escribir, debuxar... e borrar coa man. logo quixemos experimentar cun folio normal, pintámolo, tentamos borralo, pero nada, ¡non fomos quen de facelo! Entón ¿qué podiamos facer con el? Pois claro... un avión, aprendemos a facer volar un avión, a soplar forte, a dobrar... e logo xogamos un bo rato. Cando chegou a hora de rematar a actividade, collemos unhas tesoiras e fixemos anaquiños nos avións para convertelos en confeti e seguir xogando. ¡NON SE NOS DA NADA MAL! mirade que arte cortando
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario